Na última semana de preferencia para aboados da pasada tempada mantense un alto ritmo de renovacións
O club ten aberto, durante a primeira semana de xullo, un prazo preferente para aboados da pasada tempada que queiran reubicarse -unha vez liberados os abonos non renovados en xuño- e que queiran engadir a membros da unidade familiar (os que entran nos descontos familiares como parellas e fillos menores de 25 anos). Esta xestión so se pode facer de xeito presencial en oficinas do club.
A partir do día 9 de xullo a campaña abre as portas ao público en xeral e comezará así a venda de abonos aos novos aboados de cara a tempada 2018/19.
A pasada tempada o Breogán rozou a cifra de 3.000 abonados e a alta porcentaxe de renovacións demostra a fidelidade dunha afección que nunca fallou ao equipo nos bos e malos momentos.
O club decidiu facer unha suba contida dos prezos con vantaxes para familias e colectivos como os de desempregados ou estudantes, e dar facilidades de pago como o modo fraccionado e as xestións online.
Se a progresión se mantén, o Pazo será unha vez, na temporada 2018/2019, un auténtico «Inferno Celeste» gozando co baloncesto de primeiro nivel.
Dende o club queremos transmitir unha vez máis o agradecemento pola fidelidade dos aboados, algo que nos anima a seguir traballando coa maior ilusión para devolver toda a confianza a unha exemplar masa social.
O Breo alcanza o 85% de renovación de abonos
Perfil delClub Baloncesto Breogan. Hacia medio siglo de corazón celeste...
CB Breogan
Pazo Provincial de los Deportes Fingoi, s/n - 27002 Lugo
+34 982231050
info@cbbreogan.com
http://www.cbbreogan.com/
Basket
Espana
LEBOro
Deportes