Temos como misión principal a atención a persoas que se atopan en risco de exclusión social de Galicia.
A Fundación Amigos de Galicia é unha Entidade Prestadora de Servizos Sociais con número de rexistro E- 2199, declarada como entidade de interese galego (D.O.G. 23-11-1995). Tamén está rexistrada como organización Non Gubernamental para o Desenvolvemento E-19 no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación, no Rexistro de Entidades de Interese Galego co nº 28 (1995/5), e acollida á Lei de Mecenado e no Rexistro de Entidades Culturais co nº 36. A Entidade conta coa Axencia de Colocación aprobada pola Xunta de Galicia, con número de Expediente 2012/017 e Número de Identificación 1200000013.
A Fundación Amigos de Galicia é posible grazas aos Patronos/as, á iniciativa privada, e dunha maneira especial, ás empresas galegas, tanto polo seu apoio económico, como polas doazóns en especia, a maior parte en forma de alimentos.
Todo esto non sería posible sen a importantísima colaboración dos Fondos Europeos de Loita conta a Pobreza, do Goberno de España, da Xunta de Galicia, das Diputacións e dos Concellos. Agradecemos ademais o apoio de asociacións, colexios e institutos e colectivos preocupados polos máis necesitados e necesitadas de Galicia.
Todo o traballo desenvolto polos traballadores profesionais da Fundación é coordinado, para un maior éxito, cos Servizos Sociais dos concellos, da Administración en xeral, e das entidades que contan con profesionais idóneos para conseguir os obxectivos que nos propoñemos. Ademais, a entidade contou en 2017, coa colaboración de 389 voluntarios/as distribuídos polas catro provincias, e 505 empresas privadas, que fan posible que a axuda chegue a todos os lugares de Galicia.
A Fundación Amigos de Galicia está a disposición da sociedade galega dando grazas en nome dos máis necesitados e no noso propio, a todas as persoas que fan posible que sigamos traballando.
Padroado Reitor
Seguir lendo
Equipo
Seguir lendo